Historia da marca

Trisquel Artesanía 

Máis de catro lustros conforman a esencia de Trisquel Artesanía. Dende o 1 de xaneiro do ano 1998 no que abrimos as portas na Rúa da Acibechería en Santiago de Compostela.

Sendo naquel entonces a música tradicional galega o eixo das nosas vidas, a nosa empresa segue hoxe en día poñendo en valor a música galega e a artesanía, promovendo o valor cultural e a riqueza que ámbalas dúas proxectan da Galicia.

A nosa tenda, ao carón da Catedral de Santiago sigue mantendo esa condición natural que o paso dos anos pon en valor. Madeiras e pedra, que levan contemplando a chegada das xentes que peregrinan a Compostela dende hai séculos, ao tratarse da última rúa que comparten os Camiños Francés, Primitivo, Camiño do Norte e Camiño dos Ingleses. O noso local, no seu día, como a maioría dos locais da mesma rúa era un pequeno obradoiro artesanal de acibeche.

Por iso, a nosa tenda é o reflexo da nosa cultura e dos nosos valores.

A Artesanía en prata, acibeche, coiro, madeira e textil é a unión coas personas que fan delo o seu xeito de vida, a comunicación a través de pezas con encanto, que transmiten toda a riqueza da nosa historia e que destacan cando alguén se deixa acompañar nesa fusión de beleza e creatividade.

A música que podes atopar en Trisquel Artesanía, é o legado mais enriquecedor da nosa cultura. En Galiza a música tradicional respírase en cada rincón, en cada casa, en todos aqueles momentos que se precisa dar voz ás alegrías, ás tristuras ou sinxelamente a aqueles momentos no que o corpo precisa cantar.

O noso compromiso, vai dende colaboracións puntuais nas edicións de discos, a presentacións e sinaturas de traballos discográficos na propia tenda, así como á organización e producción de concertos de música tradicional.

As persoas que conformamos Trisquel Artesanía, somos xente comprometida coa cultura, co respecto ao traballo e cunha clara aposta pola sostenibilidade, social, ambental e económica, por elo facemos un completo seguimento da trazabilidade e da cercanía dos nosos produtos.

Grazas pola vosa confianza.