Dende 1998, Trisquel Artesanía é un reflexo vivo da tradición e da rica cultura gallegas.
Situadas na histórica Rúa da Acibechería, xusto ao carón da Catedral de Santiago, fomos testemuñas privilexiadas do fluxo constante de peregrinos e visitantes. A nosa tenda conserva a esencia artesanal dun espazo que, no pasado, foi acubillo de pequenos obradoiros de acibechería, mantendo a autenticidade da súa alma de pedra e madeira.
Coa inspiración inesgotable da música tradicional gallega, valoramos a nosa identidade cada día a través de cada peza e cada melodía. O noso compromiso é manter vivo este precioso legado, conectando o pasado co presente.
Adquirir unha peza de Trisquel Artesanía é levar para casa un anaco desta historia. É unha invitación a fusionar a beleza da artesanía coa riqueza da nosa cultura actual.