Dende 1998, Trisquel Artesanía é un reflexo vivo da tradición e a cultura galega. Nacida ao carón da Catedral de Santiago, na histórica Rúa da Acibechería, a nosa tenda foi testemuña do paso de peregrinos e visitantes, mantendo intacta a súa esencia artesanal.
Coa música tradicional galega como inspiración, seguimos a poñer en valor a nosa identidade a través da artesanía e a cultura, preservando a autenticidade dun espazo que, noutro tempo, acolleu pequenos obradoiros de acibeche.
O noso compromiso é manter viva esta herdanza, conectando o pasado co presente a través de cada peza e cada melodía.